Narón-AFAL retoma os «Obradoiros de estimulación cognitiva»

A concelleira de Benestar Social, Catalina García, desprazouse esta semana á sede da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL), no local social de Piñeiros, con motivo do reinicio dos obradoiros impulsados dende a entidade.

Os obradoiros de estimulación cognitiva, ós que acoden usuarias e usuarios de AFAL retomáronse nas citadas instalacións con todas as medidas sanitarias e desenvólvense de novo os luns e mércores de 11.00 a 13.00 horas.

García destacou o traballo que realiza AFAL co colectivo de persoas con alzheimer e tamén coas súas familias e incidiu na importancia de que no caso deste obradoiro, trátase dunha actividade «aberta a todas as veciñas e veciños da cidade afectados por esta enfermidade».

A concelleira naronesa interesouse ante os responsables da asociación e algunhas usuarias alí presentes sobre o traballo que realizarán nos vindeiros meses e animou tamén ás persoas interesadas en recibir información sobre o mesmo a dirixirse ó local social de Piñeiros.

«É moi importante poder ofrecer ás familias asesoramento, apoio e tamén formación para que as persoas que o precisen dispoñan dun completo servizo, como o que presta AFAL, entidade coa que continuaremos colaborando dende o Concello» recalcou García.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …