Narón-A piscina municipal da Gándara reabrirá este xoves para sesións de nado libre

O Concello de Narón reabrirá este xoves, día 16, a piscina polivalente do complexo polideportivo municipal da Gándara para nado libre.

As instalacións permanecerán abertas de luns a domingo, tal e como indicou o concelleiro de Deportes, José Oreona, que explicou que se aproveitou o parón realizado para levar a cabo tarefas de mantemento.

De luns a venres a piscina estará aberta de 7.45 a 10.45 (en quendas de 45 minutos) de 11.00 a 14.00 e, polas tardes, de 15.15 a 16.45 e de 20.45 a 22.15 horas. Entre o vindeiro xoves, día 16, e ata o 30 de setembro as instalacións tamén abrirán para baño libre de 17.00 a 20.45.

Nas xornadas dos sábados poderase acudir ás sesións de baño libre en horario de mañá e tarde, nas quendas establecidas entre as 8.30 e as 10.00 e tamén dende as 13.00 ata as 20.30 horas. Os domingos e festivos a piscina estará aberta todo o día, de 8.30 a 20.30 horas.

O edil naronés recordou que na actualidade se están levando a cabo tarefas de mantemento na piscina terapéutica, que precisaba dunha serie de intervencións. A reapertura destas últimas instalacións, tamén ubicadas no complexo polideportivo da Gándara comunicarase unha vez que rematen os citados traballos, tal e como apuntou Oreona.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …