Narón-“XII Concurso de Fotografía Cidade de Narón”, presentación de imaxes ata este mércores 15

O Concello de Narón pechará este mércores, día 15 de setembre ás 13.00 horas, o prazo de presentación de imaxes á duodécima edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón.

As persoas interesadas en participar deben entregalas no Rexistro do Concello de 8.30 a 13.00 horas, podendo consultar as bases ó completo a través do seguinte enlace: http://www.naron.es/web/docs/Concurso-Fotografia.pdf.

O concurso diríxese a persoas maiores de idade e repartirá 1.200 euros en tres premios, de 750, 300 e 150 euros á primeira, segunda e terceira fotografía, respectivamente, mellor valoradas por un xurado especializado.

As imaxes deben amosar a riqueza de Narón, podendo centrarse a súa temática nos campos: humano e social, ámbito veciñal, deportivo, industrial, festas populares…,  espazos naturais de interese, de lecer, culturais e tecnolóxicos ou patrimonio monumental, arqueolóxico e etnográfico.

Así mesmo, o lugar ou entorno que apareza na fotografía ten que ser do termo municipal de Narón e recoñecerse como tal.

Cada participante poderá presentar como máximo tres imaxes, en cor ou branco e negro, que deben cumprir todos os requisitos estipulados nas bases da convocatoria.

O impacto visual, a calidade técnico artística e a creatividade son os tres aspectos que valorará o xurado á hora de emitir a súa puntuación. As doce mellor puntuadas ilustrarán o calendario de sobremesa do Concello de Narón para o ano 2022.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …