Narón-Este «finde» no Pazo da Cultura presentase a comedia «Quen dixo medo?»

Os actores Carlos Blanco e Oswaldo Digón protagonizan a comedia que se poderá ver esta fin de semana no Pazo da Cultura «Quen dixo medo?» da compañía Con de Tres Pés S.L.

O venres 17 a representación dará comezo ás 20.30 horas, se ben na xornada do sábado será a partir das 20.00 horas. O prezo das entradas é de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante.

Poden adquirirse as últimas entradas dispoñibles no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es.

Blanco e Digón subiranse ó escenario para representar un show en parte improvisado e no que será o público o que decida algunhas das temáticas que se tratarán no mesmo. Varias historias sobre diferentes asuntos, monólogos a cargo destes dous profesionais, diálogo, xogo e moita interacción co público garantirán unha vez máis o éxito desta comedia.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …