Narón-Unha unidade móbil para a doazón de sangue desprazarase a Xuvia e ó Alto

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase a vindeira semana á cidade.

O vehículo permanecerá o luns 13 nas inmediacións do xulgado de Paz, en Xuvia, dende as 9.30 ata as 14.30 horas. Na xornada do martes e o mércores estará nas inmediacións do novo centro de saúde do Alto, os dous días dende as 9.30 ata as 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas.

As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para poder facelo. Teñen que levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.

Dende ADOS indicaron que debido á actual situación pódese reservar cita previa chamando ó número de teléfono 900 100 828.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …