Narón-Bonificación de taxas por recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga

As solicitudes para a bonificación das taxas de recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga potable para o ano 2022 poderán presentarse ata o día 20 deste mes

As instancias poden tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, no Rexistro Municipal do Concello (neste último caso, de luns a venres, entre as 8.30 e as 13.00 horas) ou por calquera dos outros medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Os impresos a cumprimentar e a información sobre estas bonificacións poden solicitarse no Rexistro municipal ou no Servizo Sociocomunitario Municipal, no segundo andar do Consistorio, donde tamén se ofrecerá información sobre os beneficiarios e beneficiarias destas bonificacións.

As persoas que teñan concedida a bonificación para 2021 e se atopen nas mesmas circunstancias que se tiveron en conta para a citada concesión non é preciso que a soliciten de novo. Nos casos nos que a situación variase ou teñan concedido o 50% da bonificación e cumpren agora os requisitos para que se lles recoñeza o 75% deben acreditalo para poder incrementar esa bonificación

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …