Narón-Curso preparatorio do exame Codix e de Xestión de Recursos Humáns

A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo para inscribirse en dous cursos do programa Cemit, un preparatorio do exame Codix e outro de Xestión de Recursos Humáns.

A edil naronesa indicou que se trata de dúas accións formativas dirixidas a persoas maiores de 16 anos e que para inscribirse hai que facelo a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial?concello=15507.

«Iniciamos as actividades do programa Cemit con estes dous cursos, se ben se convocarán máis ao longo do que queda deste ano» apuntou Hermida.

O Curso preparatorio do exame Codix terá unha duración total de 180 horas e impartirase do 13 de setembro ó 17 de novembro, de 9.30 a 13.30 horas, mentres que o de Xestión de RRHH ten un total de 116 horas e levarase a cabo do 13 de setembro ó 22 de outubro, en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. Son dous cursos presenciais que se impartirán na Aula Cemit de Xuvia de luns a venres.

As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición e a Aula Cemit permanecerá aberta do 7 ó 10 de setembro, entre as 11.30 e as 13.30 horas para atender a todas as persoas que precisen axuda na inscrición destes cursos.

As persoas que desexen recibir máis información poden chamar ó teléfono 981 337 700 (extensión 1123).

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …