Narón-Aberto o prazo de solicitud de axudas para adquisición de material didáctico e de comedores escolares

O Concello de Narón manterá aberto dende o día 1 de setembro, permanecendo aberto durante todo o curso escolar, o prazo para solicitar axudas municipais para adquisición de material didáctico e escolar para alumnado de centros públicos ou concertados e as de comedor para centros concertados no curso académico 2021-2022.

A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que as solicitudes poderán presentarse no rexistro xeral do Concello (de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas) na sede electrónica ou por calquera outro medio previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As axudas para material didáctico e escolar para alumnado de centros públicos e concertados de Narón serán para matriculados en segundo ciclo de Educación Infantil, educación Primaria e Secundaria, Bacharelato, FP de Ciclos medios e Educación Secundaria de Adultos

Así mesmo, en canto ás axudas de comedor escolar, destínanse a familias de alumnado escolarizado en centros docentes concertados de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria con dificultades socioeconómicas e de conciliación da vida familiar e laboral.

As axudas diríxense a familias empadroadas en Narón e cuxa capacidade económica non supere os umbrais económicos establecidos na convocatoria e demais requisitos da mesma, que se poden consultar na páxina web do Concello, a través do enlace:

https://sedeelectronica.naron.es/siac/ProcedimientoTabs.aspx?tab=1&idProc=68&idnct=354&x=l2jGEPzFIoZH2ZaCA5Ohkw

As persoas interesadas en solicitar máis información sobre as persoas beneficiarias destas axudas, a documentación a presentar ou o impreso de solicitude poden dirixirse ó Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …