Narón-Prazo de inscripción nos obradoiros Reforzatic

O Concello de Narón  abrirá o prazo de inscrición nos Obradoiros de reforzo educativo a través das novas tecnoloxías (Reforzatic) o día 1 de setembro.

Os obradoiros do programa Reforzatic teñen por obxecto: achegar as novas tecnoloxías e todo o seu potencial cara á adquisición de coñecementos así como concienciar e educar no uso responsable das novas tecnoloxías da comunicación e da información. Ofertar un abano de recursos ós centros educativos para realizar fóra do horario lectivo. Reforzar ó alumnado co maiores dificultades de aprendizaxe nas áreas de lingua e matemáticas mediante a utilización de dinámicas e exercicios grupais de comprensión, síntese, e cálculo lóxico-matemático, dirixido á educación primaria.

Están dirixidos a alumnado escolarizado en centros de ensino de Narón que estea cursando educación primaria e derivado polos departamentos de Orientación dos centros educativos.

As datas de celebración dos obradoiros serán de outubro de 2021 a maio de 2022 en horario de tarde, 2 horas á semana por grupo.

As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica, no rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón.

As persoas interesadas poderán recibir máis información no Servizo Sociocomunitario, na 1ª planta do Concello, teléfono 981337700, Ext. 1111/1108/1109

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …