A Escola de Familias, enmarcada no Programa Municipal de Educación Extraescolar PROMEDEX, iniciará o prazo de inscrición o día 1 de setembro.
Esta actividade está dirixida a familias de Narón con fillos escolarizados nos centros de ensino da cidade, en educación infantil, educación primaria ou educación secundaria, así como nas Escolas Infantís Municipais (EIM).
As temáticas a tratar versarán sobre: Manexo das emocións; coaching familiar. Establecemento de normas e límites respectuosos e firmes. Aprendizaxe de técnicas de redirección da conduta, e resolución de conflitos. Novas tecnoloxías: educación dixital e supervisión dos medios informáticos. Técnicas de comunicación. Stop rabechas e claves para a negociación. Como conectar mellor coas crianzas e ver as potencialidades de cada membro da familia. Trataranse tamén temas variados como: sono, medos, aprendizaxe, sexualidade, etc.
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, informou da posibilidade de ofrecer varios horarios, modalidade en liña e presencial, opcións para conciliar.
As persoas interesadas poderán dirixirse ó Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón, teléfono 981337700, Ext. 1111/1108/1109