Narón-Subvencións para impulsar os proyectos «Narón, mar aberto» e «Mergullando no litoral de Narón»

O Concello de Narón recibiu dúas subvencións da Consellería do Mar, ó abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo para os proxectos «Mergullando no litoral de Narón» e «Narón, mar aberto»

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, explicou que o GALP Golfo Ártabro Norte respaldou estes dous proxectos impulsados dende o consistorio e que recibirán axudas por importe conxunto de 37.541,65 euros, que se abonarían nas partidas correspondentes en dúas anualidades.

En canto ó proxecto «Mergullando no litoral de Narón» o proxecto a levar a cabo suporá un investimento de 26.530 euros, dos que se subvencionarán 23.877 euros, 11.925 este ano e os restantes 11.952 durante o exercicio de 2022.

Pita indicou que se trata dunha iniciativa que ten por obxecto reforzar o papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais, tal e como figura na convocatoria.

Así mesmo, a través deste proxecto fomentarase o crecemento económico, a inclusión social, a creación do emprego e o apoio á empregabilidade dependentes da pesca e acuicultura.

Con esta finalidade, deseñarase unha imaxe do proxecto, realizarase un vídeo para poñer en valor os produtos da ría de Ferrol e outro sobre o espazo Rede Natura 2000-Costa de Narón e convocaranse cursos formativos para impulsar a creación de empresas no marco da economía azul sostible, sobre trazabilidade e etiquetado ao consumidor final, de Liños Mariños e sobre medio ambiente e sostibilidade.

A maiores, tamén con cargo a este mesmo proxecto, o vindeiro ano programaranse unhas xornadas divulgativas sobre a evolución do sector costeiro de Narón como consecuencia do aumento do nivel do mar e tamén un curso de formación sobre análises de perigos e puntos de control críticos.

Ademais, indicou o edil de Promoción Económica, «a través do proxecto «Narón, mar aberto», tamén apostaremos por poñer en valor, crear emprego e atraer xóvenes e promocionar a innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos de pesca e acuicultura, fomentando o crecemento económico, a inclusión social, a creación do emprego…»

Neste caso trátase dunha proposta orzamentada en 19.520,93 euros, para a que o Concello recibirá unha subvención de 13.664,65 euros, 4.644,10 este ano e os restantes 9.020,55 durante 2022

Actividades vencelladas coa exploración de aves mariñas na Costa Ártabra, un obradoiro para escoller, preparar, limpar e cociñar os produtos do mar e outro de tapas e pinchos con produtos do mar, así como a exaltación da ameixa da ría e do percebe da zona costeira do Val, en Narón, forman parte das iniciativas a levar a cabo.

Lea también

Uns 350 escolares participan nos obradoiros de murais programados dende polo Concello de Narón en centros de ensino

Uns 350 escolares de once centros de ensino de Narón participan nos obradoiros de murais …