Narón-Espectáculos do último cuatrimestre do ano no municipio

As entradas para os espectáculos programados para o terceiro cuadrimestre do ano no Pazo da Cultura estan á venda para o público xeral.

As persoas interesadas poden adquirilas no despacho de billetes do Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas. Entre os meses de setembro e decembro sucederanse un total de vinte e tres espectáculos, con propostas dirixidas a todo tipo de públicos. A programación ó completo pode consultarse a través do enlace:

http://www.naron.es/web/docs/Programacion-SETEMBRO-DECEMBRO.pdf.

En setembro

O vindeiro 12 de setembro retomarase a programación do Padroado da Cultura no Pazo, co espectáculo Coldday Kids, unha banda tributo a Coldplay –18.00 horas-, para continuar os días 17 e 18 coa comedia «Quen dixo medo?» –20.30 e 20.00 horas, respectivamente-, nas xornadas do 24 e 25 coa representación de «Los pazos de Ulloa»20.30 e 20.00, respectivamente- e o día 26 co espectáculo multidisciplinar con música en directo «Acróbata y arlequín»18.00 horas-.

En outubro

No mes de outubro o cantante Ismael Taboada presentará o día 2 –20.00 horas- o seu novo disco, «Sin cadenas», o día 9 -20.00 horas- haberá teatro musical, «Las cuatro estaciones… ya no son lo que eran»; o día 10 co musical «La granja»18.00 horas-, e os días 15 e 16 con música folk tradicional, a cargo de «Ailá» e coa comedia «Aquí tou», protagonizada por Xosé Antonio Touriñán20.30 e 20.00 horas respectivamente-. A programación de outubro rematará coas propostas «Mocha Dick», o sábado 23 –20.00 horas-; a representación da peza de drama «As criadas» coa actriz Alicia Borrachero o día 30 –20.00 horas– e un espectáculo de teatro musical «Alicia» o día 31 –18.00 horas-.

En novembro

En novembro continuará a programación do Pazo o día 6 –20.00 horas– cunha proposta circense, «Drop» e o día 7 haberá un tributo a Coco, co musical «Recuérdame»12.00 horas-. O 13 de novembro representarase a comedia «O mozo da última fila» -20.00 horas- e a fin de semana do 20 e o 21 poderase ver un monólogo protagonizado por J.J. Vaquero e a «Petit pop en concerto»21.30 e 18.00 horas, respectivamente-, pechando a programación dese mes a representación da comedia «Anfitrión» o día 27 –20.00 horas– cun elenco do que forman parte Pepón Nieto, Toni Acosta, Dani Muriel e María Ordóñez.

En decembro

O 10 de decembro regresará a música folk ao Pazo, nesa ocasión a cargo de Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre, que presentarán o disco «As catedrais silenciadas»20.30 horas-. Esa mesma fin de semana, o día 11 representarase a obra «O charco de Ulises»20.00 horas– e o día 12 volverá a música, con Mistura son e o seu traballo, «Cuba e Galicia xuntas»19.00 horas-. A programación do último mes do ano inclúe o «Circo de Nadal» que se poderá ver os días 17 –19.00 horas-, 18 –17.00 e 19.00 horas– e 19 –12.30 e 18.00 horas– e finalmente o día 23 haberá un concerto de música gospel con «Spitir of New Orleans Gospel Choir»20.30 horas-.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …