Narón-Inicio das obras de rehabilitación do antigo muíño de Xuvia

As obras de rehabilitación do muíño de Xuvia comezaron na xornada deste martes, día 27 de xullo. A alcaldesa, Marián Ferreiro, os edís de Urbanismo, Manuel Ramos, Obras, Pablo Mauriz, e Turismo, Natalia Hermida, e representantes da empresa adxudicataria dos traballos –a Unión Temporal de Empresas Prace Servicios y Obras e Emergis Construcción SL– desprazáronse  á zona con motivo do inicio das mesmas.

Operarios da compañía vallaron o tramo de fachada exterior por donde se accede ó inmoble e continuaban traballando durante a mañá nas primeras tarefas de desbroce do patio interior e retirada de entullo. Nos vindeiros doce meses desenvolverase a actuación que permitirá materializar o proxecto do Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia, orzamentado en 1,25 millóns de euros.

Ferreiro recordou que se trata dunha actuación cofinanciada pola Deputación da Coruña e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España Feder 2014-2020.

A intervención, enmarcada na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) «Ría de Ferrol, Cidade 2020″ é posible, tal e como destacou a rexedora local «grazas unha vez máis á colaboración entre administracións, neste caso da provincial e tamén das políticas de cohesión impulsadas a través da Unión Europea»

O conxunto industrial dos muíños de Xuvia, a Real Fábrica de Fariñas de Lestache, estaba formado por tres edificios, que son os que se rehabilitarán con cargo a este proxecto para poñer en valor esta construción do século XVIII e propiedade municipal.

No edificio no que estaban os dous muíños de Lestache e unha construción anexa donde había dúas moendas máis habilitaranse a sala dos muíños, a sala Bucau e a sala de cultura industrial.

No espazo que ocupaba o almacén de cereais construiranse a sala introductoria, a sala de Lestache e na planta superior unha sala polivalente. Finalmente, na terceira construción, donde se localizaba a vivenda da familia Lestache e o seu despacho, habilitarase a recepción e tamén un almacén de mantemento.

A maiores deste proxecto, dende o goberno local impulsouse tamén a musealización das instalacións, unha actuación que suporá un investimento duns 240.000 euros das arcas locais.

«Hoxe é un día moi sinalado e esperado na nosa cidade, porque dan comezo unhas obras que permitirán poñer en valor unha peza fundamental do patrimonio da nosa cidade, o muíño de Xuvia» asegurou Ferreiro.

Así mesmo, destacou «a firme aposta do Concello pola recuperación do patrimonio, o que tamén se constata coa recente compra do muíño de As Aceas, outra das edificiacións máis singulares de Narón e para o que tamén se deseñará un proxecto co fin de rehabilitalo en canto sexa posible»

Lea también

Buenos resultados del AD Náutico de Narón en el Cto de España de Triatlón Cross, Duatlón Cross y Acuatlón

Buena actuación de los deportistas del Tri Náutico de Narón desplazados a Calahorra (LA Rioja) …