Narón-Concertos e actividades do «Gulliver Fest» no mes de agosto

A organización do Gulliver Fest, o festival da cultura viaxeira que se celebrará os días 6, 7 e 8 de agosto na área recreativa de Pedroso, Narón, abrirá o luns, día 26, o prazo para reservar entrada de balde para os concertos que se sucederán nas dúas primeiras xornadas.

O venres 6 actuarán neste evento The Soul Jacket e Kumpania Algazarra e o sábado día 7 será o turno de Carla Green & The Demons e La Regadera.

As persoas que desexen asistir deben reservar as entradas a través da web: www.gulliverfest.es, co que garantirán a súa praza nos concertos (ata completar a capacidade dos mesmos), nos que o público estará sentado.

O sábado día 7, como novidade, haberá ás 9.00 horas unha carreira de orientación, para a que tamén será preciso inscribirse na web. Para acudir ao resto de actividades do programa que se pode consultar tamén ó completo na citada web será preciso rexistrarse previamente para facilitar os datos, medidas establecidas no protocolo da covid-19 para este evento.

Os representantes da Asociación FurgoGalicia, que organiza o evento xunto co Concello, Ángel Sánchez e Martín Taibo, indicaron que a día de hoxe xa se completaron as prazas habilitadas tanto para a zona camper como para a de acampada, reducidas este ano debido á situación sanitaria.

O venres día 6 ás 16.00 horas abrirase ao público a zona do festival e o programa centrarase nos dous concertos dese día, de The Soul Jacket20.00 horas– e Kimpania Algazarra ás 22 horas 

Na xornada do sábado retomarase a programación coa primeira edición da Carreira de Orientación9.00 horas– e continuará pola mañá cunha clase de ioga9.30– para a que se haberá que inscribir na zona do festival, a actuación de Gramola Gominola12.00– e unha sesión vermú13.30-.

Xa pola tarde poderase acudir á actuación de Circanelo16.00– e terán lugar as Charlas viaxeiras, nas que xa está confirmada a asistencia de Babyvanglog, The social water, Mochileros e será Lety Lagarda a encargada de pechar a cita, falando das súas viaxes en solitario por países como Pakistán, Líbano ou Arabia Saudí, facendo un repaso por anécdotas, vivencias e unha reflexión sobre a importancia da experiencia de viaxar en solitario e visibilizalo.

Tamén o sábado haberá un obradoiro de creación de chapas do festival –16.30-, actuará Fanfarria Taquikardia18.00– e pola noite serán os concertos de Carla Green&The Demons20.00– e de La Regadera22.00-.

Finalmente, o domingo 8 de agosto retomaranse as clases de ioga9.30 horas-, haberá un obradoiro para camperizar furgonetas10.30-, competicións de xogos tradicionais11.00-, un obradoiro the social water11.30– e música dende as 12.30. incluíndo unha sesión vermú ás 13.30 con Jin Tony´s Son Band.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …