Narón-Habilita un plan de tráfico co motivo do Trishark Narón 2021

O Concello de Narón habilitou un plan especial de tráfico con motivo da celebración, o vindeiro sábado día 24, da cuarta edición do Trishark Narón.

Este evento reunirá na cidade a algo máis de trescentos deportistas –e tamén persoas afeccionadas ao triatlón- que competirán na enseada da Gándara e na zona do paseo de Xuvia e inmediacións. O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, anunciou que a estrada de Castela permanecerá cortada ao tráfico rodado, dende a rotonda de Megasa ata a praza do colexio de Xuvia entre as 16.00 e as 20.00 horas do sábado, co fin de desenvolver o evento.

Os vehículos desviaranse pola estrada de San Xiao e o Camiño da Revolta cara aos tramos abertos da estrada de Castela e dende o Concello tamén se informou á concesionaria do servizo de transporte metropolitano para que os autobuses utilicen un vial alternativo, o Camiño das Agras.

Persoal de Protección Civil encargarase de informar na zona o propio día do evento e ofrecer as indicacións oportunas.

Romero solicitou de antemán desculpas á cidadanía polas molestias ocasionadas por esta medida, necesaria para ofrecer as máximas garantías neste evento deportivo.

Lea también

Odeón activa la 5ª edición de la campaña ‘Re-Fashion’ con el objetivo de recoger ropa usada y donarla al CRS de Narón  

La 1ª planta del Centro Comercial Odeón de Narón, acoge desde este miércoles la campaña …