Narón-As «Pegadas» obtidas nos «Camiños Escolares Seguros» poderán canxearse ata o vindeiro xoves

Os escolares que participaron no curso 2020-2021 no programa municipal «Camiños Escolares Seguros» poderán canxear as «Pegadas» obtidas por agasallos ata o vindeiro xoves, día 15 (incluído)

Para facelo, tal e como se recordou dende o Concello, é preciso descargar o vale no que se contabilizan esas Pegadas, podendo facelo directamente a través da páxina: pegadas.naron.es ou da APP Pegadas Narón para a continuación proceder a validalo co persoal do equipo de Educación Viaria de Narón, no Concello.

No caso de que eles dispoñan do agasallo elixido xa llo entregarán á alumna ou de non ser así, cuñarán o vale para poder recollelo no establecemento indicado.

As persoas que teñan algunha dúbida sobre o procedemento poden chamar aos números de teléfono 666 438 222 ó 600 448 730 ou escribir ó correo electrónico: seguridadevial@naron.es 

Un centenar de establecementos da cidade participan neste programa, ofrecendo diversos agasallos, e o propio Concello tamén ofrece algunhas opcións, como entradas para espectáculos infantís no Pazo da Cultura, cubrebocas infantís ou libros da Biblioteca municipal. O procedemento completo deste programa e o catálogo de agasallos pode consultarse a través tanto da páxina web como da aplicación do citado programa.

O vindeiro 16 de xullo ás 00.00 horas o contador de cada alumna e alumno deste programa porase a cero de cara ao curso 2021-2022, polo que no caso de non canxear os puntos acumulados o pasado curso perderáos definitivamente.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …