Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase este venres, día 9, e o sábado 10 á cidade, concretamente ás inmediacións do Centro Comercial Odeón, estacionando na avenida Cataluña. O venres poderase doar sangue en horario de tarde, entre as 15.30 e as 21.00 horas e o sábado durante a mañá, de 10.00 a 15.00, tal e como se indicou dende ADOS.
Para poder doar sangue é preciso almorzar previamente e no caso de xantar esperar dúas horas antes da doazón. As persoas que acudan teñen que levar a tarxeta de doazón, DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de que se estea tomando algún medicamento.
Así mesmo, debido á actual situación sanitaria derivada da covid-19 recoméndase solicitar cita previa, chamando, de balde, ó teléfono 900 100 828