Iván Rivas: «É unha boa noticia que Ferrol en Común se sume ao acordo dos orzamentos»

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou esta maña que o día de hoxe «tráenos dúas noticias: unha boa e outra mala«.

Rivas considera unha «moi boa noticia» que Ferrol en Común se sume ao acordo desenvolvido polo Bloque Nacionalista Galego o venres pasado «co obxectivo de poder establecer un punto de inflexión na cidade a través da remunicipalización de servizos e a fiscalización das empresas privadas concesionarias de servizos municipais«.

Ademais afirmou que é «moi importante poder contar con orzamentos municipais para o ano 2021 tendo en conta que levamos dous anos de retraso«.

Pola contra, Rivas sinalou como «unha mala noticia que unha vez máis o Partido Popular segue a facer política do non polo non sobre a base de intereses partidistas pese ao contexto no que a día de hoxe está a cidade e non aporte ningunha solución para sair desta situación«.

Lea también

28 palmeras han recibido en Ferrol tratamiento contra el picudo rojo

El concejal de Medio Ambiente de Ferrol, José Tomé, informó en la comisión del área …