Narón-As Pegadas obtidas nos Camiños Escolares Seguros deberán canxearse ata o 15 de xullo

Os máis dun milleiro de rapaces que participaron no curso 2020/2021 no programa municipal Camiños Escolares Seguros deben canxear as Pegadas obtidas por agasallos ata o vindeiro 15 de xullo (inclusive). Ese último día, ás 00.00 horas, tal e como indicou o edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, os contadores das Pegadas poranse a cero de cara ao inicio, en setembro, do vindeiro curso escolar, para as nenas e nenos que acudan camiñando, en bicicleta ou en patinete ao colexio.

Para canxear os puntos por agasallos é preciso descargar o vale no que se contabiliza o total, podendo facelo a través da páxina: pegadas.naron.es ou da APP Pegadas Narón para a continuación validalo co equipo de Educación Viaria de Narón no Concello, donde no caso de dispoñer do agasallo elixido xa llo entregarán á alumna ou alumno ou de non ser así, cuñarán o vale para poder recollelo no establecemento indicado. No caso de ter algunha dúbida poden contactar cos axentes do equipo de Educación Viaria de Narón, chamando aos teléfonos 666438222 ó 600448730 ou escribindo ó correo electrónico: seguridadevial@naron.es.

Preto dun centenar de establecementos da localidade participan neste programa municipal, ofrecendo múltiples agasallos aos escolares que se poden obter en función das “Pegadas” obtidas durante o curso.

O procedemento completo deste programa e o catálogo de agasallos pode consultarse a través tanto da páxina web como da aplicación do citado programa.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …