Narón-Implantación de tecnoloxía led en máis de 400 luminarias da zona rural

O Concello de Narón continúa avanzando na implantación da tecnoloxía led no alumeado público da zona rural. A alcaldesa Marián Ferreiro, anunciou que se levaron a cabo actuacións en San Xiao, Sedes e O Feal e que en breve darán comezo as correspondentes á substitución dos puntos de luz de vapor na estrada de Castro a Xuvia por San Xiao. Estas intervencións, en conxunto, suporán un investimento de 85.000 euros.

Nos lugares de Placente e Villallonte, en Sedes, cambiáronse un total de 147 puntos de luz de vapor de socio por luminarias con tecnoloxía led, o que permitirá unha rebaixa da potencia por punto, tal e como apuntou Ferreiro, do 30%. Así mesmo, está prácticamente rematada a actuación que nesta mesma área se leva a cabo nos alumeados da estrada do Feal, Río Seco e arredores, donde se instalaron 91 luminarias e que tamén permitirá unha rebaixa do 30% na potencia por punto.

A maiores, na parroquia de San Xiao, concretamente no lugar de Pomariño, implantouse a tecnoloxía led en 33 luminarias e nesta mesma parroquia, na estrada de Castro a Xuvia, actuarase nun total de 150 luminarias.

O Concello contratou o subministro do material preciso para realizar estes traballos, sendo persoal municipal do departamento de Servizos Básicos e Mantemento o encargado de substituír as luminarias”, explicou a rexedora local.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …