Narón-Inauguración do novo campo de céspede artificial do estadio municipal Río Seco

Valentín González Formoso presidente da Diputación da Coruña  inaugurou este xoves,día 24, xunto á alcaldesa do Concello de Narón, Marián Ferreiro, o novo campo de céspede artificial de última xeración do estadio municipal Río Seco, que foi financiado con fondos do Plan Único.

O campo, se sitúa ó norte do xa existente de herba natural e que foi executado cun orzamento de 414.000 euros, permitirá ó Concello de Narón contar cun novo equipamento deportivo para dar servizo á multitude de equipos locais de todas as idades que utilizan as instalacións deste complexo para os seus adestramentos e competicións oficiais, reducindo así o uso do campo de herba natural para poder mantelo nun mellor estado de conservación ao longo do ano.

A superficie total da plataforma de céspede sintético, construído con herba artificial de última xeración dun fabricante recomendado pola FIFA, é de 100 metros de largo e 63 de ancho, reservándose 97 metros de largo por 60 de ancho para a superficie de xogo, marcada por liñas que delimitan un campo de fútbol 11 e dous de fútbol 7.

Ademais das dúas porterías regulamentarias de fútbol 11 e das catro de fútbol 7, coas súas correspondentes fixacións e red, o terreo de xogo dispón dunha protección de varanda e un peche de malla perimetral que chega aos 4 metros de altura.

González Formoso destacou que “isto é outro exemplo máis de como o Plan Único axuda a mellorar as infraestruturas dos concellos” e lembrou que incluso “sen ter competencias na materia a Deputación financia a 96 entidades deportivas da provincia”.

Marián Ferreiro agradeceu o apoio da Deputación “por brindarnos sempre a tan necesaria colaboración entre administracións” e explicou que “Narón é deporte e queremos que os naroneses e naronesas teñan unhas instalacións acordes ás súas necesidades”.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, tamén estivo presente no acto de inauguración xunto con representantes de diversas institucións e entidades como a Federación Galega de Fútbol; Proyfe; Grupo FG; Racing Club de Ferrol; S.D.C.R. Narón O Freixo; S.D. O Val; C.F. Estrella; Narón Balompé; e o Colexio de árbitros.

Tralos discursos das autoridades e o descubrimento dunha placa conmemorativa, os equipos ‘A’ e ‘B’ das categorías prebenxamín e benxamín do Narón Freixo disputaron os partidos inaugurais do novo campo e, tanto os xogadores e xogadoras como os representantes das entidades presentes, recibiron cadanseu agasallo.

Lea también

Club Arco Narón obtiene buenos resultados en la segunda edición del Torneo ‘Escolas Indoor’

En jornada matinal de este pasado domingo se celebró en el pavillón da Mocidade de …