O Concello de Narón convoca unha praza de conserxe (Grupo C, subgrupo C2, nivel 14) mediante un sistema de oposición en turno de reserva a discapacitados para a que se poden presentar solicitudes dende o día 23 e durante os vindeiros vinte días naturais. Trátase dunha oposición libre en quenda de discapacidade para a que se esixe a titulación mínima de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente, tal e como se especifica no Boletín Oficial da Provincia do pasado 13 de abril, donde se publicaron as bases desta convocatoria.
O proceso selectivo constará de catro exercicios, un cuestionario de preguntas curtas, o desenvolvemento dun tema dos recollidos no programa, un ou varios supostos prácticos relacionados coas tarefas da praza, tamén especificadas no citado BOP do 13 de abril e, finalmente, a tradución dun texto ó galego (proba da que estarán exentas as persoas co título de Celga 3).
As persoas interesadas poden presentar as solicitudes no Rexistro do Concello ou en calquera dos lugares contemplados na Lei 39/2015 do 1 de outubro (artículo 16.4) do procedemento común das Administracións Públicas.