Narón-Xeolocalización das fogueiras de San Xoán

O concelleiro de Seguridade Cidadá e Speis, Román Romero destacou o traballo realizado nos últimos días para xeolocalizar as 499 comunicacións recibidas no Concello para realizar fogueiras na noite de San Xoán e, a maiores nalgúns casos, tamén para a festividade de San Pedro. “A finalidade deste traballo, que xa realizamos o pasado ano, é ter perfectamente localizadas cada unha das fogueiras que arderán na noite de San Xoán e San Pedro na nosa cidade, o que facilitará o traballo dos servizos de emerxencia no caso de que, ogallá non sexa preciso, se requira a súa presencia por algún incidente”, subliñou Romero.

Dende o Concello habilitouse un número de teléfono específico realizar durante dúas semanas esas comunicacións. O edil naronés recalcou que “os datos dos solicitantes están totalmente protexidos conforme o require a lexislación vixente, polo que a través da plataforma tan só os servizos con acceso á mesma poden consultar a súa ubicación exacta”. Un deses servizos é o do Speis de Narón, “que pode localizar en cuestión de segundos no mapa da cidade cada unha das fogueiras e os datos dos seus responsables para contactar con eles se fose preciso, unha tarefa que resulta imprescindible para minimizar riscos ao acortar tempos e que na zona rural, cunha maior dispersión e donde se rexistran a maior parte das comunicacións, facilita moito o desprazamento dos profesionais do servizo”, recalcou.

Das 499 comunicacións rexistradas ata o día de onte, 177 correspóndense coa zona urbana; 66 son da parroquia do Val; 33 de San Mateo; 50 de Castro; 53 de San Xiao; 72 de Sedes; 30 de Pedroso e as 18
restantes de Doso.

Romero incidiu na importancia de que se cumpra cada unha das medidas de seguridade establecidas –que se poden consultar nun bando municipal, a través da web www.naron.es- para evitar posibles incidentes, ante os que se debe alertar ao servizo 112.

Lea también

Buenos resultados del AD Náutico de Narón en el Cto de España de Triatlón Cross, Duatlón Cross y Acuatlón

Buena actuación de los deportistas del Tri Náutico de Narón desplazados a Calahorra (LA Rioja) …