O BNG exixe acometer o saneamento do rural

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa antes da pandemia | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, exixiu esta mañá ao goberno muncipal que achegue a documentación que falta do proxecto de orzamentos para 2021, nomeadamente o orzamento da empresa EMAFESA, «xa que é preciso que se acometa o proxecto de saneamento da zona rural no Concello«.

Considera que é «urxente e inaprazábel» desenvolver o saneamento na zona rural. Uns investimentos que deben vir «reflectidos nas contas anuais de EMAFESA quen xa dispón do diñeiro na suas arcas produto de ternos cobrado por este concepto a través da taxa de saneamento«.

Iván Rivas considera «preciso coñecer» os investimentos que a empresa EMAFESA vai desenvolver para executar o saneamento rural e «o máis importante, coñecer o cronograma do mesmo«. EMAFESA «leva anos incumprindo, coa permisividade dos alcaldes desta cidade, a súa obriga de realizar estes investimentos e executar estas obras«.

O BNG lembra que se a día de hoxe a zona rural de Ferrol continua sen contar con rede de saneamento é «porque o goberno local decidiu que o diñeiro destinado a este fin recadado durante os anos 2015 e 2016 e que pagamos todas e todos a través da taxa de saneamento pase a engordar as arcas de EMAFESA no canto de desenvolver os investimentos comprometidos desde a aprobación da taxa de depuración, unha cantidade que supera os 4,5 millóns de euros«.

Así mesmo, o portavoz nacionalista, considera que debería coñecerse se este proxecto vai contar con financiamento autonómico para a súa execución «máis alá dos ridículos 10.000 euros que para esta finalidade contempla a Xunta de Galiza nos seus orzamentos para este ano«.

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …