Mar Delgado, vencedora do Dúatlon das Letras

Mar Delgado no Campionato Xunta de Galicia en Vimianzo | Triatlón Ferrol

Mar Delgado, do Triatlón Ferrol, venceu con solvencia o Dúatlon das Letras en formato cros.

María Martínez entrou no top-5 da proba celebrada este luns en Baio e finalmente o equipo non puido puntuar pola ausencia de Fátima Paz, quen decidiu reservarse para o ascenso á liga nacional de segunda división deste próximo domingo.

Pola súa banda, este sábado Pablo Pedrosa rematou en 21ª posición no Tríatlon de Ribadeo e marcando o terceiro mellor parcial de natación, cun tempo de 14:27 en 1.000 metros.

Lea también

Triple sobre la bocina del BBCA masculino para recuperar la sonrisa con una victoria épica

Épica victoria del Costa Artabra sobre la bocina, en un trabajado encuentro este sábado ante …