O Esteo despídese con derrota da súa afección

Foto de familia do O Esteo tras o derradeiro partido na casa | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo despediu a tempada no que aos partidos da casa se refire cunha derrota 2-3 ante o Unión Arroyo de Valladolid.

A primeira parte remataba con empate a 0-0 aínda que os visitantes reclamaron dous goles, un moi xustiño co balón sobre a liña e outro que entrou tras falta previa a Javichu.

Pero nada máis comezar a segunda metade anotaba Leal, O Esteo recurtaba distancias nunha xogada entre Rubi e Jhony, pero pouco despois voltaba a anotar Leal pola escadra.

Puido cambiar o encontro cando o colexiado expulsou ao gardamallas visitante por tocar o balón coas mans fora da área, xogando cun máis os locais durante dous minutos, pero colmo de males, nunha contra Ofa recuperou o balón, regateou a Javichu, e marcou a porta baleira.

Nos últimos minutos tentouno O Esteo co porteiro-xogador e tras unha maxistral xogada de Jhony, Bruno recurtaba distancias, pero no tramo final Héctor viuse obrigado a cortar unha contra, sendo expulsado a falta de 30 segundos esgotandose as posibilidades, e iso que Rubi casi puido empatar no derradeiro segundo.

Os locais rematan na casa unha boa tempada. Á espera da visita o campeón Guardo son sextos con 36 puntos.

Retirouse hoxe Javichu, porteirazo que foi do O Esteo entre as tempadas 2009-11 e 2014-21.

O Esteo: Javichu, Troncho, Héctor, Alberto, Bruno – Rubi, Jacobo, Cokito, Jhony, Aitor.

Unión Arroyo: Dani, Jaime, Leal, Balle, Cristóbal – Virgi, Caballero, Diego, Cardaba, Ofa, Jairo.

Goles: 0-1, Leal (21´), 1-1, Jhony (26´), 1-2, Leal (29´), 1-3, Ofa (30´), 2-3, Bruno (38´).

Incidencias: Amarelas a Javichu, Troncho, Héctor, Jacobo, Jhony, Balle. Expulsados con vermello directo Dani (29´) e Héctor (39´). Uns 60 espectadores.

Lea también

Venta de entradas para el partido CD Castellón-Racing Club Ferrol

Ya están a la venta las entradas para la grada visitante en el estadio Skyfi …