(Xosé Ferreiro) Partidazo de fútbol sala o vivido na mañá deste domingo no Pavillón de A Fraga entre O Esteo e o Segosala.
Pronto se adiantaban os visitantes nun balón que Edu enviou ao longueiro e acabou marcando despois do rexeite do balón (2´), e cunha xogada de estratexia, na que o Julito sirve a Samu que marca chegando so ao segundo pau (13´) chegabase co 0-2 ao descanso.
Os locais tiveron postes de Jhony e Jacobo, unha cabezada de Jhony que saca un defensa baixo paus, e grandes intervencións de Cardaba, tamén de Javichu, ata que un tiro cruzado de Rubi poñía o 1-2 mediado o período (30´), pero un disparo axustado de Alex que entra tras dar no pau e nas costas de Javichu ponía o 1-3 (33´).
Nos últimos minutos chegou o mellor do fútbol sala, e con porteiro xogador puxose 4-3 o Esteo con tantos dentro da área, de Jhony (34´), Rubi (36´) e Beto (37´). Pero tamén con 5 para 4 empataron os visitantes a falta de 27 segundos por medio de Alex.
O Esteo é quinto con 36 puntos antes de visitar ao Universidad de Valladolid.
O Esteo FS: Javichu, Troncho, Jhony, Bruno, Rubi – Jacobo, Cokito, Alberto, Aitor.
Segosala: Cardaba, César, Samu, Edu, Alex – Monir, Julito, Marquitos, Antona, Óscar, Portal.
Goles: 0-1, Edu (2´), 0-2, Samu (13´). 1-2, Rubi (30´), 1-3, Alex (33´), 2-3, Jhony (34´), 3-3, Rubi (36´), 4-3, Beto (37´), 4-4, Alex (40).
Incidencias: Amarelas a Beto, Jacobo, César, Julito e delegado visitante. Uns 60 espectadores. Minuto de silencio pola falecemento do ex médico da Selección Española.