Narón-Esgotadas as entradas para o concerto de Pablo Milanés no Pazo da Cultura

As trescentas entradas dispoñibles segundo a actual normativa sanitaria para o concerto que o cantautor Pablo Milanés dará o vindeiro 8 de maio sobre o escenario do Pazo da Cultura de Narón están xa esgotadas, tal e como anunciou o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo.

O trovador cubano presentará as súas novas composicións como ‘Esperando el milagro’, ‘Vestida de mar’ o “Día de luz”, ademais dos temas de sempre: ‘El breve espacio en que no estás’, ‘Yolanda’, ‘Ya ves’ o ‘Para vivir’, que seguen definindo a natureza e singularidade da súa alma de trobador.

Será un concerto íntimo no que estará acompañado polo pianista Miguel Núñez, que leva máis de 30 anos sendo o seu director de musical, e a chelista Caridad R. Varona.

Pablo Milanés é un dos principais expoñentes da canción de autor en español. Soubo abordar unha ampla diversidade de xéneros da música cubana e americana na totalidade da súa obra: dende a tradición á modernidade, pasando polo jazz, a rumba ou o boleiro, grazas á súa ampla versatilidade interpretativa.

Días de Luz’ é unha posta en escena cun formato íntimo, aínda que non menos sorprendente e emocional. Xunto con composicións novas, como ‘Día de luz’, un canto ás incertezas actuais e ao amor como o seu refuxio, á máis recente ‘Esperando el milagro’, que estreou o 31 de decembro de 2020, unha súplica con evocacións relixiosas para chamar a meditar sobre o presente que vivimos e sobre un futuro que, a pesar de todo, quere sentir esperanzador.

Tras recibir dous Grammy Latinos en 2006 e un Grammy á Excelencia Musical en 2015, Pablo continuou compoñendo e gravando en solitario e en colaboracións con outros músicos. Por iso é polo que 2021 ven con novos proxectos, como o lanzamento internacional dun disco en inglés que reúne clásicos do jazz americano, un traballo só coa súa guitarra, de temas novos e outros antigos nunca publicados, así como outras novidades, como a publicación en formato dixital, por primeira vez de todo o seu catálogo discográfico.

Lea también

Inaugurada en San Xiao de Narón una imagen del Patrón tallada sobre un tronco por Carlos García

En la mañana de este domingo, día 28, el obispo de Mondoñedo-Ferrol Fernando García Cadiñanos, continuó …