Narón-No Pazo da Cultura, exposición e monicreques sobre «Don Gaiferos»

O Pazo da Cultura acolle ata o vindeiro 28 de abril a exposiciónDon Gaiferos polos camiños cara a Compostela”, de Os Monicreques de Kukas, que conta co respaldo da administración autonómica no marco do Xacobeo 2021 e da Deputación da Coruña. As persoas que se acheguen ata as instalacións poderán ver na zona do hall as dúas partes das que consta a mostra, unha con planas orixinais do comic realizado por Marcelino de Santiago e Agustín de Castro no seu día sobre esta peza e a outra con monicreques de fíos e decorados da mesma.

Este domingo

A obra, dirixida a público familiar e que se poderá ver este domingo ás 18.00 horas no Pazo da Cultura, conta a historia dun peregrino francés ata a súa morte aos pés do Apóstolo Santiago, en Compostela.

O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, animou ás veciñas e veciños de Narón e tamén doutros concellos a desprazarse ata o Pazo da Cultura para ver esta exposición “moi orixinal e que permite coñecer un pouco máis o gran traballo que realiza a compañía galega Os Monicreques de Kukas e tamén profundizar en varios detalles da obra “Don Gaiferos” que este domingo se poderá ver no Pazo”.

Lea también

Narón súmase un ano máis ao programa “Vacacións en Paz” para acoller menores saharauís no verán

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) fai un chamamento ás familias de Narón …