Narón-O Pazo acollerá esta fin de semana a representación dos espectáculos “Melancoholemia” e “Don Gaiferos”

O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana a representación de dous espectáculos teatrais, a comedia “Melancoholemia” e a obra de teatro musical “Don Gaiferos”, o sábado 17 e o domingo 18 respectivamente. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es ata completar o aforo permitido na actual situación sanitaria.

O sábado

A compañía Con de Tres Pés SL. trae a Narón a comedia “Melancoholemia”, obra de Antón Reixa e na que ademais actúa compartindo escenario con Antela Cid. Reixa interpreta a un paciente dunha institución mental que recibe aos convidados nunha sesión de portas abertas. A posta en escena complétase coa presencia de Antela Cid e tamén coa música de Cachopou, dirixidos polo dramaturgo vasco Fernando Bernués. A obra prevista para este sábado comezará ás 20.00 horas.

No domingo

Na xornada do domingo o Pazo acollerá un espectáculo dirixido a público familiar e infantil: “Don Gaiferos”, da compañía Monicreques de Kukas.

A partir das 18.00 horas poderase ver esta obra na que actores, monicreques e
músicos, a modo de opereta protagonizan un romance popularizado por Don Faustino Santalicese, no que incorporan cancións e músicas do folclore galego.

A historia conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago e narra a viaxe do peregrino francés Gaiferos de Monmartlan ata a súa morte aos pés do Santo na catedral de Santiago de Compostela. No seu camiño atopará diversos personaxes que representan os arquetipos das persoas que peregrinan a Compostela.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …