O deputado Nestor Rego visitou a cooperativa do Val, en Narón

Néstor Rego, deputado no Congreso do Bloque Nacionalista Galego, estivo na Cooperativa de usuarios e consumidores con sección de Crédito de O Val, en Narón, para coñecer o seu traballo tanto cooperativista como o desenvolto na Fundación Terra de Trasancos. Acompañárono o deputado galego Mon Fernández e a portavoz municipal do BNG de Narón, Olaia Ledo.

A figura das cooperativas con sección de crédito en Galiza só existe en Ferrolterra e na actualidade son tres: cooperativa de Meirás, Vilaboa e a do Val. Néstor Rego , de vistia na comarca de Ferrolterra achegouse a coñecer en Narón o traballo da cooperativa do Val que conta con tres sedes (en Serantes -Ferrol- e nas parroquias do Val e Xuvia en Narón). As instalación van desde áreas comerciais, banco de sementes, a fundación Terra de trasancos especializada en envellecemento activo (sen actividades desde o inicio da pandemia) e sección de crédito.

A aposta polo cooperativismo e o produto galego é unha marca nesta cooperativa e un exemplo para o bloque nacionalista galego de economía real ao servizo dunha comarca e dun país. O presidente da cooperativa, José Díaz Dopico e a xerente Marta Vázquez explicaron o traballo recente e como manteñen os postos de traballo durante a pandemia. Tamén serviron de guías aos representantes do BNG. 

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …