O Esteo vence ao Leis Pontevedra e logra o liderato

Héctor celebrando o seu gol ante Leis Pontevedra | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Gran vitoria do O Esteo 5-2 ante o histórico LeisPo ntevedra, equipo que chegara a militar na División de Honra do fútbol español, na campaña 2007-08.

Nun primeiro período de máis presión visitante non houbo goles, pero si moitos na reanudación. Tralo descanso abriu o marcador o equipo local nunha xogada na que Cokito sirve dende banda dereita e marca Héctor no segundo pau. Idéntico foi o segundo gol, na que Bruno lla pasa a Cokito, e este a Jhony, que marca libre de marca chegando dende atrás.

Pero nuns minutos trepidantes replicaron os visitantes. Tras un saque de córner e un disparo axustado de Fabio, e posteriormente nunha contra na que acaba marcando o xovencísimo Arturo de tiro cruzado tras petar no pau. Destacar entremedias un doble paradón de Javichu con Aitor no chan.

Pero tirou de raza o cadro local e voltou a poñerse dous goles por enriba, tras un trallazo de Cokito dende fora da área, e un córner tralo que marca Aitor libre de marca. De ahí ao final, houbo que sufrir xogando dous minutos cun menos por rigurosa expulsión de Cokito, e despois co 5 para 4 visitante, pero foi nunha contra na que Jacobo lla deu a Jhony e este marcou de tiro raso o 5-2 definitivo.

O Esteo é momentáneamente líder con 25 puntos, antes de visitar ao sempre complicado Xove.

O Esteo: Javichu, Jhony, Héctor, Cokito, Jacobo – Bruno, Troncho, Aitor, Alberto.

Leis Pontevedra: Álvaro, Simón, Raúl, Fabio, Cley – Gabi, Antonio, Arturo, Nico, Aguado.

Goles: 1-0, Héctor (21´), 2-0, Jhony (27´), 2-1, Fabio (32´), 2-2, Arturo (33´), 3-2, Cokito (34´), 4-2, Aitor (35´), 5-2, Jhony (40´).

Incidencias: Amarelas a Jacobo, Héctor, Bruno, Jesús. Expulsado por doble cartón Gabi (20´), e con vermello directo Cokito (36´).

Pavillón: A Fraga. Partido a porta pechada.

Lea también

Contundente victoria del BBCA masculino ante Maristas en su primer partido en Caranza

Debutaba el Costa Ártabra ante su público el sábado ante Maristas después de haber hecho …