Narón-A alcaldesa anuncia o remate da instalación do alumeado led en Doso

A parroquia de Doso é a primeira de Narón en ter instalado o sistema led no alumeado público de todos os lugares que a conforman. A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o traballo realizado e valorou o feito de que a día de hoxe “poidamos anunciar que os traballos de substitución de luminarias de vapor de sodio polas de led xa está rematado na parroquia de Doso”.

Ferreiro explicou que en conxunto nesta parroquia do termo municipal se substituíron algo máis de 300 luminariaso que nos permitiu reducir a potencia instalada, segundo a zona, entre un 30 e un 60%”. A rexedora local aludiu ao feito de que os traballos realizados permitiron mellorar as condicións técnicas de iluminación en Doso. “O sistema de alumeado é uniforme, redúcense os gastos de mantemento, a contaminación lumínica desaparece… todo son vantaxes coa implantación da tecnoloxía led instalada nesta parroquia e que continuamos instalando noutras da zona rural e tamén nos barrios da zona urbana”.

En canto ás obras executadas en Doso, explicou que se renovaron integramente tres cadros de mando e protección e como resultado da baixada de potencia, suprimíronse dous subministros eléctricos e procedeuse a fusionar os citados alumeados noutros xa existentes. Esta acción, tal e como asegurou a alcaldesa, “permitirá acadar importantes aforros tanto no que se refire a custes fixos como no mantemento”.

O Concello destinou á implantación do alumeado led na parroquia de Doso unha partida global que rondou os 70.000 euros, en parte cofinanciada pola Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e Servizos. “Hai que destacar que boa parte destes traballos levounos a cabo persoal municipal do departamento de Servizos Básicos e Mantemento”, sinalou Ferreiro.

O Concello de Narón avanza así nas medidas contempladas pola ONU na Agenda 2030 sobre el Desarrollo Sostenible”, na que se recollen dezasete obxectivos, entre eles os relacionados con frear o avance do cambio climático e tamén a defensa do medio ambiente. A maiores, o Consistorio forma parte dende o ano 2019 do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía promovido pola Unión Europea). “A finalidade é continuar avanzando no cumprimento dos obxectivos das políticas enerxéticas da UE para reducir as emisións de dióxido de carbono, polo que dende o goberno local seguiremos promocionando o uso de enerxías renovables e investindo en actuacións vencelladas á mellora da eficiencia enerxética, tal e como vimos facendo nos últimos anos”, recalcou a alcaldesa.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …