Narón-O Pazo da Cultura acollerá este domingo o espectáculo de marionetas “Contos ao pé da cama

O Pazo da Cultura, de Narón, acollerá este domingo, día 25, o espectáculo “Contos ao pé da cama”, da compañía Viravolta Títeres e dirixido a público familiar e infantil.

A cita coas marionetas será ás 18.00 horas e as entradas están dispoñibles ata completar o aforo establecido polas nova Orde de 21 de outubro de 2020 da Xunta de Galicia con motivo da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19.

As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para público xeral; de 6,65 para as tarifas reducidas (persoas abonadas, desempregadas e con carné xove ou de estudante, ata 25 anos) e de 5,50 para nenas e nenos.

O pequeno Nemo é o protagonista desta proposta de teatro de marionetas, e vivirá unha serie de soños cargados de humor, perigo, monstros e aventuras, incidindo todos eles nun problema común, o dos residuos e na importancia e necesidade de reciclar para que o lixo non dane o mar, a terra e as estrelas.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …