O BNG pide ao goberno local que rectifique a súa postura tras a documentación aportada polos operadores do mercado de Caranza

Fot. cedida

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol participou, un mércores máis, na concentración convocada polos operadores e operadoras do mercado de Caranza e esixe ao goberno municipal «que rectifique a súa postura e permita ocupar os novos postos aos operadores de xeito imediato respectando os seus dereitos«.

Para o BNG coa documentación que obra no seu poder relativa ao recoñecemento da titularidade e dereitos de explotación mediante documentos oficiais dos anos 2016 e 2017, asinados polos técnicos municipais e que están plenamente vixentes, «o goberno local debería desbotar a súa idea de abrir un concurso público para adxudicar os novos postos, asumir o criterio de cumprimento da legalidade e conceder os novos postos aos operadores«.

Facelo doutro xeito «sería pasar por riba dos dereitos outorgados polo propio Concello a estas persoas mediante documentos avalados por funcionarios municipais nos que se outorgan postos específicos no mercado e concesións don datas concretas até o ano 2023«. A documentación «pon en cuestión e contradí o argumento do goberno local cando afirma que as concesións están rematadas e cumpre desenvolver un concurso público«.

O goberno local debería recoñecer, tras comprobar a documentación, «que a solución à problemática do mercado de Caranza pasa por permitir xa que se ocupen as novas instalacións polos actuais actuais operadores de maneira imediata e se quedara algún posto vacante que se adxudicaran do mesmo xeito que se procede cos mercados da Madalena e Recimil.«

Lea también

Ferrol en Común denuncia la situación del servicio de psicología en la concejalía de Política Social

Actualmente un profesional atiende todo el servicio de psicología dependiente de la concejalía de Política …