A alcaldesa de Narón asinou un convenio de colaboración coa Fundación Ingada

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asinou na mañá deste luns un convenio coa Fundación Ingada, presidida por María Elvira Ferrer. O importe do acordo ascende a 2.500 euros, unha contía que permitirá continuar traballando dende o goberno local e a citada Fundación con persoas afectadas por Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), e tamén coas súas familias, tal e como indicou a rexedora local.

A Fundación habilitou no ano 2018 en Narón, concretamente nas instalacións do Centro Municipal Manuela Pérez Sequeiros, un Punto de Asesoramento Familiar (PAF). Dende o centro naronés profesionais nesta materia ofrecen -sempre con cita previa, que se pode solicitar na web: www.fundacioningada.net – varios servizos e actividades –asesoría xurídica, formación, grupos de axuda mutua…- ao colectivo con TDAH non só de Narón, senón de toda a comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

A alcaldesa valorou o traballo que se realiza dende este servizo “cun gran equipo profesional que organiza ao longo do ano numerosas propostas para axudar ás persoas con TDAH e ás súas familias, orientándoas e asesorándoas e, ao mesmo tempo, ofrecéndolles unha gran variedade de actividades”.

Ferreiro recalcou que dende o Concello “continuaremos apoiando fundacións como Ingada, que poñen á disposición da cidadanía os recursos precisos para mellorar a calidade de vida do colectivo ao que atenden”.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …