Aberto o prazo de inscrición para asistir ao espectáculo “Ñam!” organizado no Café Teatro do Pazo, en Narón

 O Concello de Narón programa unha nova actividade a través do Servizo de Normalización Lingüística e enmarcada no programa Apego, de socialización de nenas e nenos en galego. A convocatoria –de balde- terá lugar o vindeiro mércores, día 8, nas instalacións do Café Teatro do Pazo da Cultura, donde a partir das 19.30 horas se poderá ver o espectáculo “Ñam!”, tal e como avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo.

O espectáculo está artellado a partir do mundo da cociña, para que o público poida ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.
A proposta diríxese a nenas e nenos de 1 a 6 anos e ás súas familias, podendo asistir un máximo de 25 menores acompañados, como mínimo, dunha persoa adulta. Para poder asistir é preciso inscribirse previamente escribindo un correo electrónico á dirección: a.pita@naron.es no que se facilitará o nome da actividade, o nome e idade do neno ou nena, o nome da nai, o pai ou a persoa que acompañará ao menor, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto.

Debido á actual situación derivada da Covid-19 é obrigatorio o uso de máscara en todo o local para as persoas adultas e para os menroes a partir de seis anos, según recalcou a edil.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …