O BNG da comarca presenta ás persoas de Ferrolterra que forman parte da candidatura pola provincia da Coruña,

O candidato pola comarca de Ferrol na candidatura do BNG da Coruña, Ramón Fernández Alfonzo»Món«, acompañado polas outras dúas persoas da comarca de Ferrolterra que conforman a candidatura, Xiana González de Narón, e Tino Seco de Ares estiveron este sábado na varanda da casa do Mar en Ferrol, desde onde, e tal como decía o propio Mon, «podíamos ver en unha só imaxe, todos os recursos e potencialidades dunha comarca que pide a gritos unha solución a unha situación de crise que se está a volver estrutural».

Na súa intervención recalcou que a ría, desde todas as súas facianas,- o porto, a pesca e o marisqueo, un turismo sostíbel e respetuoso co medio natural-, así como o feito de contar con un patrimonio tanto natural como arquitectónico de tanta importancia, como co que contamos en toda comarca, xunto a aqueles sectores que, xa sendo motores nesta comarca, tal como o naval ou o enerxético, deben ser parte dun plan de emerxencia pola recuperación económica da nosa comarca.

Alfonzo reclamou unha aposta pola investigación e a innovación, “elementos que deben formar parte do novo ADN a inxectar a sectores como o naval ou o enerxético”, levando a cabo así un proceso de descarbonización ordenado e con unha transición xusta e axeitada na nosa comarca, e onde a Xunta de Galiza debera estar xogando un papel determinante na presentación de modelos industriales e propostas para os investimentos previstos nos devanditos procesos.

Para a candidatura nacionalista da comarca de Ferrol, o día 12 de xullo «temos unha oportunidade para poder facer posíbel esa nova realidade que desde o BNG queremos construir entre tod@s e desde abaixo. Onde as maiorías sociais teñan a capacidade de construir o seu futuro. Ferrolterra debe revertir a situación actual, tanto no social como no económico, e deixar de formar parte dese ranking onde figuran as zonas máis envellecidas de Europa, e ser capaces de ofrecer oportunidades aos centos de mozos e mozas que tiveron que abandonar esta comarca, así como defender o modelo público en servizos e asitencia de carácter social -sanidade e ensino, residencias de maiores e centros de día de atención.

Debemos igualmente, e tal como acabamos de ver nesta situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID19, como o sector primario debe ser motor esencial nun país e nunha comarca como a nosa. Continuaremos a darlle dignidade a un rural, que máis unha vez, vemos que debe ser unha peza fundamental no noso presente e futuro. No económico, mais tamén no social-vital».

Lea también

La Policía Portuaria de Ferrol celebró este jueves la festividad de su Patrón, el Cristo de los Navegantes

La Policía Portuaria de Ferrol celebró en la mañana de este jueves la festividad de …