A Xunta Directiva da Asociación Foclórica e Cultural Orballo, como entidade organizadora do Festival Internacional de Folclore de Pontedeume, e de xeito consensuado co Concello de Pontedeume, como entidade colaboradora, comunica a suspensión da 33 Edición do Festival Internacional de Folclore de Pontedeume, previsto para os días 7 e 8 de agosto de 2020.
A suspensión deriva da situación xerada pola Crise do Covid 19 e as posteriores consecuencias sanitarias, económicas e sociais que vimos de padecer dende o pasado mes de marzo.
Cremos que por seguridade e saúde de todas as persoas que puideran participar ou desfrutar do Festival, corresponde tomar esta decisión tan triste e difícil, pero axeitada á situación que estamos a padecer en España e parte do estranxeiro, tendo en conta que os grupos participantes no Festival sempre son de carácter nacional e internacional.
A asociación organizadora traballa coas mesmas ganas e coa mente disposta cara a edición do ano 2021, na que contará co apoio do Concello de Pontedeume e da Deputación da Coruña