O Concello de Narón ilumina de cor verde a rotonda de Freixeiro no Día Mundial do Medio Ambiente

 A glorieta de Freixeiro permanecerá iluminada de cor verde as noites do venres, sábado e domingo con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente. Así o anunciou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, que indicou que debido á actual situación derivada da Covid-19 non se poderán levar a cabo as accións que estaban proxectadas con motivo desta data. “Non queríamos deixar pasar por alto o feito de sumarnos á conmemoración dunha data tan importante como é a do Día Mundial do Medio Ambiente, un área na que dende o goberno local estamos traballando ao longo de todo o ano co obxectivo de sensibilizar á cidadanía na importancia de coidar e respectar o medio ambiente”, subliñou.

Galego recordou que “a través de programas municipais, como Narón en Transición”, impulsamos diversas iniciativas dirixidas tanto a nenas e nenos como a persoas adultas, co fin de incidir na importancia de accións como a reciclaxe de residuos e desenvolvendo obradoiros sobre a materia co fin de reducir a cantidade de residuos que se xeneran a diario”. Así mesmo, neste mesmo programa tamén se convocaron visitas guiadas a tanques de tormentas da cidade para que a veciñanza coñeza de primeira man o proceso de depuración de augas residuais, entre outras propostas.

A biodiversidade é o tema no que este ano centra a ONU a conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, alertando de que a pérdida da mesma terá graves consecuencias sobre a humanidade.

Galego recordou ademais que “dende o goberno local estase levando a cabo un traballo importante en materia medioambiental, como son a implantación de alumeado led en barrios da zona urbana e núcleos do rural, a habilitación de instalacións como o Punto Limpo e as destacadas melloras do novo servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbáns e Limpeza Viaria, en proceso de contratación e que inclúe a habilitación de puntos limpos de proximidade…”. Así mesmo, o edil naronés apelou á colaboración cidadá para erradicar os vertedoiros incontrolados na cidade “e contribuír todas e todos no coidado do medio ambiente”

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …