O Concello de Narón cede a Aula Cemit de Xuvia para realizar exames das tres universidades galegas

O Concello Narón comprometeuse a poñer a disposición das universidades da Coruña, Santiago e Vigo a Aula CeMIT de Xuvia nos meses de xuño e xullo para a realización dos exames do actual curso.

A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, explicou que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e as tres universidades galegas, xunto coa Federación Galega de Municipios e Provincias, asinaron un convenio de colaboración no que participará tamén o Concello naronés, tal e como lle trasladou á Fegamp.

Hermida explicou que a cesión da Aula CeMIT, Aula de Referencia recoñecida pola Xunta de Galicia dende 2018 pola súa elevada actividade ao longo do ano, será de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 e indicou que, tal e como acordaron os responsables das entidades asinantes do acordo, os universitarios deberán levar os seus equipos e un teléfono móbil para darse de alta na Wifi da Xunta, ofrecéndoselles na Aula CeMIT a conexión a Internet e tamén un servizo de asesoramento para dispoñer desa conexión a través do responsable da citada aula.

O alumnado que estea interesado en facer uso deste servizo debe rexistrarse como usuario/a da Rede CeMIT a través da web CeMIT, no enlace“Alta nova/o usuaria/o” ou directamente na URL:https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/usuarios . Ao finalizar o proceso recibirá un correo electrónico confirmando a alta, nome de usuaria/o e contrasinal e despois deberá solicitar con máis dunha semana de antelación reserva de praza para realizar o exame na Aula CeMIT elixida a través da
dirección: https://cemit.xunta.gal/buscador e cumprimentar os campos indicados no apartado “Conectividade-Exame para universitari@s” para que acepten a súa solicitude. O alumnado debe presentarse na Aula cumprindo as medidas de seguridade recomendadas (manter a distancia de seguridade de dous metros, levar luvas e mascarilla e hixiene de mans). Para solventar dúbidas pódese chamar ao teléfono 981 910 359 ou escribir á dirección: cemit@xunta.gal

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …