Ferrol en Común celebra que o goberno municipal recolla a «nosa petición de adiar a 2021 a homenaxe a Ricardo Carvalho Calero polo Día das Letras Galegas»

Suso Basterrechea, Jorge Suárez y Xiana López en rolda de prensa | Ferrol en Común

O pasado 24 de abril, Ferrol en Común solicitou publicamente e ao goberno local o adiamento da homenaxe a Ricardo Carvalho Calero polo Día das Letras Galegas.

Entenden que o escenario que «temos por diante non é o merecido para celebrar un recoñecemento que tanto esforzo e traballo levou conseguir por parte de moitas asociacións culturais, entidades sociais, administracións e organizacións políticas, que non soamente loitaron porque esta homenaxe chegara, se non que tamén traballaron na organización e programación de moitas actividades para difundir o seu legado e que debido ao covid-19 non puideron levarse a cabo«.

Por estes motivos, FeC sumouse a petición de moitos outros colectivos de solicitar á Academia Galega adiar o Día das Letras Galegas para o vindeiro ano 2021, e así fíxollo saber ao goberno municipal actual, quen a día de hoxe, recolle esta petición para que o vindeiro ano poda ser por fin o do profesor Carvalho Calero.

Lea también

En octubre empezarán las obras de ‘Abrir Ferrol ao mar’ en la zona del Arsenal, Ferrol Vello y A Magdalena

El inicio de las obras de la fase I del proyecto ‘Abrir Ferrol ao mar’ …

Un comentario

  1. A ver cuando se suman algunos a volver a organizar el Certamen Internacional de Piano Ciudad de Ferrol. Bueno, alomojó es que se han vuelto a «olvidar» del asunto;