Os taxistas reciben do Concello máscaras e guantes

O Concello de Ferrol facilitou onte equipos de protección individual (EPI) ás dúas asociacións que agrupan aos taxistas da cidade. O concelleiro de Mobilidade, Julián Reina, púxose en contacto cos presidentes de Tele Taxi e Radio Taxi para xestionar o reparto entre estes profesionais. Onte pola tarde, recolleron no antigo Hospicio, onde a concellería de Seguridade instalou o centro loxístico para a distribución deste tipo de material, 150 máscaras tipo FFP1 e tres caixas de luvas. Atendendo ao número de licencias, a Radio Taxi entregáronselle 100 máscaras e dúas caixas de guantes, mentres que a Tele Taxi foron 50 máscaras e unha caixa de guantes, para que llos fixesen chegar aos seus membros coa maior premura posible.

Julián Reina quixo pór de manifesto o “esforzo que están a facer os taxistas ao estar expostos para trasladar á xente nos seus vehículos”, polo que o Concello debía contribuír a que corresen “o menor risco posible” no exercicio da súa profesión. Dada a limitación de EPIs que empresas, entidades e particulares cederon xenerosamente á Administración local durante a última semana, tratouse nun primeiro momento de satisfacer as necesidades de hospitais, residencias de maiores ou persoal de atención á dependencia. Unha vez atendidas as principais demandas, explicou o edil, era momento de chegar tamén a un colectivo que “non deixou de prestar o servizo en ningún momento, incluso polas noites”, cousa que lle agradeceu en nome do goberno local.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …