Ferrol en Común insta a unha solución inmediata para Affinor

Reunión de Ferrol en Común con Affinor | Ferrol en Común

O grupo municipal de Ferrol en Común reunise hoxe á mañá coa Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste para coñecer de primeira man a problemática que teñen que afrontar para dar cobertura aos doentes desta enfermidade.

A fibromialxia é unha enfermidade que se caracteriza por dor musculoesquelético xeneralizado e sensación dolorosa á presión en puntos específicos. Está moito máis presente do que cremos, xa que a padece entre un 2% e 6% da poboación e sobre todo afecta a mulleres.

Os doentes e as doentes de fibromialxía, parecen ademais cansazo, trastornos do sono, ansiedade ou depresión; e outros síntomas que son bastante frecuentes como mala tolerancia ao esforzo, sensación de rixidez, sensación de inflamación en pés e mans, formigueiros nas mans, xaquecas, dor na menstruación, colon irritable, sequedade na boca e nos ollos.

A fibromialxia non ten cura definitiva polo que soamente pode tratarse a mellora da dor e pasar os síntomas e doenzas acompañantes da mellor maneira posible e cunha calidade de vida digna para os e as doentes.

Affinor ocúpase de ofrecerlle aos seus 73 usuarios que padecen esta enfermidade, apoio, información, talleres e actividades para paliar dentro do posible esta doenza. A súa labor ten unha gran importancia xa que é nesta asociación onde os doentes atopan un espazo con profesionais que os guían e apórtanlles coidados para facer mais soportable a enfermidade, non so a eles se non tamén as súas familias.

A asociación, afronta varios problemas, xa que ademais de non ter unha prestación digna no catálogo da Sanidade Pública atópase nunha situación límite, cunha débeda de máis de 6.000 euros coa ATRIGA e un local, onde levan acabo a atención e as actividades, que teñen que abandoar pola presión á que lles somete a Fundación Abanca, «herdeira da antiga obra social de Caixa Galicia que se converteu nunha industria de usura máis que de cumprir os seus fins», afirman dende Ferrol en Común.

Ao mesmo tempo, Ferrol en Común esixe a cesión inmediata dun local digno en Recimil, o incremento do convenio co Concello de Ferrol e a Xunta de Galicia. Renegociar e condonar a débeda coa Axencia Tributaria de Galicia, para o cal deben facerse as xestións necesarias coa interlocución da Consellería de Política Social A cesión dun espazo no CHUF para atender as usuarias e usuarios, que precisan dunha atención especial e o acompañamento e asesoramento da concellería de Benestar Social para evitar a perda dun recurso comarcal con máis interese social que lucrativo, e que a súa desaparición implicaría un empeoramento nas condicións dignas de vida non só das persoas afectadas se non tamén das súas familias.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …