Mato aos novos policías locais: “Agardo de vos que sexades unha extensión do Concello de Ferrol”

Toma de posesión dos novos Policías Locais | Concello de Ferrol

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, presidiu esta mañá o acto de toma de posesión de 10 dos 16 novos axentes que van a pasar a formar parte do cadro de persoal da Policía Local de Ferrol. Estivo acompañado polo concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, e o xefe do corpo, José Antonio Chao.

Os 10 novos membros van a pasar pola Academia Galega de Seguridade Pública e durante o verán farán o seu primeiro período de prácticas. Despois volverán á Academia e en outono cumprirán a segunda etapa de prácticas. Cara a finais de ano, cando completen a súa formación, “contaremos con eles como policías a todos os efectos”, detallou o alcalde.

Próximamente tomarán posesión tamén outros 6 axentes. Dous deles entrarán tamén por oposición, se ben xa eran policías locais noutros concellos e incorporaranse directamente. Os 4 restantes tamén son axentes que proceden doutros municipios, pero neste caso gañaron a praza en Ferrol por mobilidade. Tamén se incorporarán directamente en próximas datas. Con estas incorporacións, o cadro de persoal da Policía Local de Ferrol estará cerca dos 100 efectivos. “Estamos a falar dun incremento do número de axentes próximo a un 20 % que, por outra parte, era moi necesario para poder prestar un servizo de calidade”.

O alcalde felicitou aos dez axentes que hoxe tomaron posesión e deulles a benvida ao Concello. Desexoulles “moita sorte” no seu novo cargo e pediulles que levasen “con orgullo” o uniforme do corpo. Como alcalde, díxolles, “agardo de vos que sexades unha extensión do propio Concello de Ferrol. Gustaríame ter unha Policía Local achegada á cidadanía”, dixo. “Sodes imprescindibles para favorecer a convivencia”, engadiu Mato.

Tedes que ser a primeira vía de achegamento ao Concello”, dixo o alcalde no acto de toma de posesión, e pediulles que tiveran contacto cos cidadáns, “que sexades a persoa de referencia para quen necesita axuda”.

Pola súa banda, o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, lembrou que dende o Concello “traballamos para mellorar a nosa Policía Local na medida que a cidade merece” en tres eixos fundamentais: a dotación de persoal, a mellora dos medios dos que dispón o corpo e a promoción interna.

Lea también

El PSOE de Ferrol critica la falta de incorporaciones al personal en la concejalía de Cultura

La concejalía de Cultura de Ferrol está en una “situación crítica” según ha denunciado este …