O prazo de inscrición para as rondallas que queiran participar na Festa das Pepitas remata o día 4

(Foto: Galicia Ártabra).

O prazo de inscrición para as rondallas que queiran participar na Festa das Pepitas deste año, que terá lugar o día 18 de marzo, remata o próximo día 4 (incluído) e deberá formalizarse a través do Rexistro Xeral do Concello.

A cita comezará ás 17 horas no Teatro Jofre coa celebración do acto institucional e a actuación da rondalla Club de Campo. Ás 18 horas as agrupacións percorrerán o centro da cidade e ás 19.30 horas a Praza de Amboage acollerá a actuación das rondallas.

As normas para formar parte da celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia, están publicadas no Taboleiro de Anuncios da web do Concello de Ferrol. (https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnuncios)

Lea también

Un audiovisual sobre Mary Quintero, fotógrafa pioneira en Galicia, abre o programa de cinema documental de Neda

Neda estrea este venres, a partir das 20:30 horas, un ciclo municipal de cinema documental, …