O Concello de Ferrol vén de publicar as bases para a XXVII Gala do Deporte Ferrolán, que terá lugar o día 2 de abril, ás 20 horas, no Auditorio municipal.
Haberá seis categorías: Carabela de Prata, Trofeo para os finalistas, Distincións á mellor promesa, Mencións especiais do xurado, Distincións dos mellores deportistas por modalidades e o Trofeo Javier Noia.
Os deportistas nomeados para calquera das distincións deberán cumprir, polo menos, unha das seguintes condicións: ser naturais de Ferrol, estar formados deportivamente na cidade o pertencer, como mínimo, durante as tres últimas temporadas ou anos a algún club, agrupación deportiva ou colexio do municipio. Ningún deportista poderá ser proposto para máis dunha distinción no mesmo ano e tampouco galardoado na mesma disciplina deportiva máis de catro anos consecutivos.
As propostas deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ata o día 2 de marzo incluído. Poden consultarse as bases para a participación na gala no Taboleiro de Anuncios (https://bit.ly/37WkSz4).