Victoria de O Esteo ante un rival directo

Os xogadores de O Esteo celebrando un dos goles ante o Albense | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala sumou este sábado un importante triunfo ante un rival complicado como o Albense, e facendoo ademais sen Noé, Jacobo, Cokito e aínda sen recuperarse de todo Matos. O primeiro período rematou en táboas tras adiantar Jhony aos locais e empatar o goleador Cris.

No segundo tempo voltábase a poñer por diante O Esteo, tras un bo gol de Martín de tiro cruzado, aínda que empataban outra vez os salmantinos cun remate de Méndez só dentro da área que Javichu desviou como puido pero acabou no fondo das mallas.

Volvía a adiantarse O Esteo tras un gran gol no que Jhony, que viña de estrelar un balón no longueiro, picaba o balón ante a saída do porteiro. Consigue o xogador alavés poñerse como pichichi do equipo con 18 tantos, por 17 de Jacobo e 16 de Noé. Logo era Héctor, tras pase de Rober, o que anotaba o cuarto de forte disparo cruzado que desvía un defensa aínda que xa se colaba o balón.

Con porteiro-xogador voltou recurtar distancias o goleador Cris, pero o 5-3 definitivo marcábao Héctor tras unha contra na que lle sirve o balón Jhony e remata ao fondo das mallas dentro da área pequena. De aí ao final non se moveu o marcador e O Esteo é cuarto con 42 puntos antes de visitar ao Tres Cuñados.

O Esteo: Javichu, Jhony, Héctor, Martín, Troncho – Rober.

Piensos Durán Albense: Miguel, Cris, Diego, Morales, Pinto – Moa, Juan, Pacheco, Méndez, Carlos.

Goles: 1-0, Jhony (7´), 1-1, Cris (13´). 2-1, Martín (22´), 2-2, Méndez (26´), 3-2, Jhony (32´), 4-2, Héctor (35´), 4-3, Cris (36´), 5-3, Héctor (37´).

Tarxetas: Rober, Troncho, Miguel, Carlos.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Máis de 100 espectadores.

Lea también

O Parrulo Ferrol hará Fan Zone en A Malata este domingo antes de su primer partido de la Final del playoff de ascenso

No hay dos sin tres. O Parrulo Ferrol quiere que este domingo en el primer …