O goberno local deu saída na comisión de Urbanismo a un tercio dunha unha batería de 60 preguntas presentadas por escrito polo grupo do PP

A sesión da Comisión Informativa de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos, Obras, Seguridade e Contratación celebrada esta mañá no pazo municipal serviu para tratar, ademais dos asuntos contidos na orde do día, diversas cuestións trasladadas polos grupos da oposición aos concelleiros do goberno local. Entre elas figuraba unha batería de 60 preguntas presentadas por escrito polo grupo do PP a través do rexistro municipal. Durante as preto de dúas horas que durou a reunión, os concelleiros Julián Reina e Ana Lamas xa puideron dar resposta a un tercio delas.

Entre os temas polos que se interesaban os edís do grupo popular figuraban o prego de conservación de mantemento de zonas verdes, arboredo urbano e zonas deportivas, a plantación de flores da tempada outono-inverno en xardíns municipais, a colocación e desinstalación da iluminación da campaña de Nadal, a amortización da maquinaria da concesionaria da recollida de lixo, a campaña de rozas, a limpeza de gabias no medio rural ou posibles proxectos de colocación de novos puntos de luz.

Tamén se falou das próximas xestións para a limpeza de leitos fluviais e do estado da tramitación da reparación do aparcadoiro do cuartel Sánchez Aguilera. Ademais, informouse de que proximamente se celebrará unha reunión da comisión de seguimento das obras do saneamento da Malata e do estado no que se atopan as expropiacións da segunda fase das beirarrúas de Serantes.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …

Un comentario

  1. Veo que van a preguntar sobre la desinstalación del alumbrado de navidad, espero que ello incluya el que llenaron Ferrol de cables por todos lados y NO los han retirado.