O Concello de Narón abre o prazo de inscrición nun curso de “Servizos básicos de restaurante e bar”

O Concello abrirá este martes –ás 8.30 horas- o prazo de inscrición nun curso de Servizos básicos de restaurante e bar. En total hai quince prazas –que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición- e que se dirixen a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón, tal e como recordou a concelleira de Formación, Natalia Hermida. As persoas interesadas en anotarse deben facelo dende mañá ata o 18 de febreiro –ás 13.30 horas- no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica ou a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O curso terá unha duración total de 336,5 horas, e impartirase no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e nas instalacións das empresas colaboradoras en prácticas (estas últimas no horario que se determine, a razón de cinco horas diarias), se ben as clases serán de luns a venres en horario de mañá. As datas previstas de celebración do curso son do 26 de febreiro ao 8 de xuño deste ano.

Prevención de riscos laborais específicos; Hixiene alimentaria no sector da hostalería; Competencias básicas dos profesionais da hostelería; O preservizo e postservizo na área de consumo de alimentos e bebidas; Limpeza de instalacións e equipos; Técnicas básicas de atención ao cliente e Formación práctica en obradoiros forman parte dos contidos deste curso. Así mesmo, o alumnado realizará 120 horas de prácticas profesionais non laborais e formación sobre Módulos transversais sobre a igualdade de xénero (5 horas); e a Sensibilización medioambiental (5 horas) e asistirá a unha charla cun responsable de Recursos Humáns no sector da hostalería, tal e como indicou Hermida.

Para obter máis información pódese consultar a páxina web do Concello –www.naron.es (sección de Servizos, Formación e Actividades Municipais)- ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …